Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43457

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2018 por esta Fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento
da Fundación

Convenio

29.5.2018

0,00 €

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e Indra Sistemas, S.A., para a localización en Galicia do Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras no Ámbito Sociosanitario (CETISS).

12.6.2018

0,00 €

Convenio colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela para a promoción e celebración de accións do programa «Compostela móvese» en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia.

14.6.2018

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio Curso de experto universitario en xestión cultural, código FH5F.

4.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cidade da Cultura para a construción do Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais (Ceipac) e a adecuación de espazos para servizos do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e da Axencia para Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

13.7.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre Fundación Cidade da Cultura e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a instalación dun caixeiro automático nas instalacións da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario do Padroado Fundación Cidade da Cultura de Galicia