Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado xa que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentar sen éxito a notificación persoal do acto que figura no anexo a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo o anuncio dos expedientes sancionadores, que terán efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 6 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

(Comercio)

Expediente

Acto

Concello

María Dolores Carballeira Martínez

PO-34/2018

Resolución de expediente sancionador

Vigo

Inveraliance

PO-21/2018

Acordo de inicio de expediente sancionador

Albacete

Moda Náutica España, S.L.

PO-92/2018

Acordo de inicio de expediente sancionador

Vigo

María Isabel González Abad

PO-60/2018

Acordo de inicio de expediente sancionador

Las Palmas