Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43553

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 28 de decembro de 2015, modificada pola Resolución do 16 de abril de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 29 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2015, modificada pola Resolución do 16 de abril de 2018 (DOG nº 77, do 20 de abril de 2018), pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No parágrafo segundo do resolvo quinto establécese que o prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2018.

Así mesmo, no parágrafo quinto do resolvo quinto establécese que para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de setembro de 2018, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de outubro de 2018.

Tendo en conta o elevado número de recursos de reposición recibidos e considerando que parte destes poderían ser resoltos con estimación, total ou parcial, resulta conveniente outorgar ao beneficiario un prazo de execución do proxecto que permita, cando menos, a notificación da resolución dentro del. Así mesmo, faise preciso prorrogar igualmente a data máxima de presentación de solicitude de cobramento.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO

Artigo 1

Fixar no 30 de novembro de 2018 a data de que non pode exceder o prazo de execución dos proxectos que se estableza na resolución de concesión fixada no parágrafo segundo do resolvo quinto da Resolución 28 de decembro de 2015, modificada pola Resolución do 16 de abril de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2

Fixar no 11 de decembro de 2018 a data máxima en que o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de novembro de 2018 establecida no parágrafo quinto do resolvo quinto da devandita resolución.

Artigo 3

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica