Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43653

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

En virtude das atribucións que me confire o artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e para establecer a estrutura orgánica do Goberno de Galicia con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo 1

A Xunta de Galicia estará integrada pola Vicepresidencia e consellerías que a continuación se relacionan:

– Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Consellería de Facenda.

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

– Consellería de Economía, Emprego e Industria.

– Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

- Consellería de Cultura e Turismo.

– Consellería de Sanidade.

– Consellería de Política Social.

– Consellería do Medio Rural.

– Consellería do Mar.

Artigo 2

A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo anterior.

Disposición transitoria primeira

Mentres non se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira

O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos órganos obxecto de regulación deste decreto.

Disposición derradeira segunda

A Consellería de Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto.

Disposición derradeira terceira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de setembro de dos mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente