Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43709

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Mediante a Resolución do 12 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A directora xeral de Recursos Humanos
P.S. (Artigos 18.3 do Decreto 43/2013 e 9.d) da Orde do 5.7.2012)
Mª Jesús Rúa Moure
Subdirectora xeral de Selección e Políticas de Persoal