Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/DXM/2017/00710 e cinco máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados no expediente sancionador número RA/DXM/2017/00710 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción

imposta

Resolución do recurso

XC-01438-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00710

8213FBG

Combarros Logística y Alquileres, S.L.

Non levar inserido no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

22.10.2014; 2.21; AP9F; 25.200

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00203-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00730

2079-BSC/R-6140-BBN

Cuesta Ochoa, S.L.

Non levar a bordo do vehículo a tarxeta de condutor, aínda que se estea utilizando un tacógrafo analóxico, cando resulte necesaria para apreciar as condicións de condución durante o período anterior exixible.

4.2.2015; 18.45; A-52; 202.0

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-02197-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00738

32-GQ-13

Terraterra Terraplanagens, Lda.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.11.2014; 16.36; OU-1052; 23,0

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-03018-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00770

9123-DNH/E-6570-BDF

Grúas y Transportes Mancha, S.L.

O exceso igual ou superior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

22.9.2014; 16.15; PO542; 5,5

Art. 140.23 LOTT

3.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-03102-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00783

4519-DKB/E-0134-BCW

Grúas y Transportes Mancha, S.L.

A falta de consignación de datos nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

26.9.2014; 11.15; PO542; 5,5

Art. 140.22 LOTT

2.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01993-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00803

32-GQ-13

Terraterra Terraplanagens, Lda.

Realizar transporte público internacional de mercadorías carecendo ou non levando o orixinal da copia certificada conforme da licenza comunitaria y/o autorización ou levar fotocopia compulsada.

14.10.2014; 10.30; OU-1052; 22,1

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta