Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43944

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– Unha praza de jefe de equipo de Mantemento (GIII BI N5).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 21 de setembro de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo