Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44128

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 105/2018, do 18 de setembro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 31 de agosto de 2018,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Francisco Couso Cantos, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente