Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44148

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se publica o resultado da edición 2018 dos Premios Camiño de Santiago nas súas distintas modalidades.

Mediante Resolución do 2 de xaneiro de 2018 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva dos Premios Camiño de Santiago e procedeuse a convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 75.000 € que se imputou á conta orzamentaria identificada co número 10 2017 042 3000 069 e nas aplicacións orzamentarias 2018.04.A2.761A.444.0, 2018.04.A2.761A.460.0, 2018.04.A2.761A.470.0 e 2018.04.A2.761A.480.0.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) os resultados da edición 2018 dos Premios Camiño de Santiago.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Categoría

Premio

Beneficiario

Importe
subvención

Primeira

Primeiro

Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña

15.000 €

Primeira

Segundo

Concello do Grove

5.000 €

Segunda

Primeiro

Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (Padrón-A Coruña)

15.000 €

Segunda

Segundo

Asociación Amigos del Camino de Santiago de Japón

5.000 €

Terceira

Primeiro

Asociación Protectora de Animais do Camiño de Santiago

15.000 €

Cuarta A

Primeiro

Grupo Compostela de Universidades

10.000 €

Cuarta B

Primeiro

EEI Carracedo, do Colexio Rural Agrupado de Caldas de Reis - Pontevedra

5.000 €