Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44215

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de varias prazas incluídas nas ofertas de emprego correspondentes aos anos 2015, 2016 e 2017 deste concello.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña do 13 de outubro de 2017 (correccións de erros do 7 de febreiro e do 17 e 27 de xullo de 2018), do 22 de marzo de 2018 (corrección de erros do 10 de xullo de 2018) e do 30 de xullo de 2018 publícanse as bases da convocatoria das seguintes prazas das ofertas de emprego do concello dos anos 2015, 2016 e 2017:

– Sete prazas de bombeiro-condutor, quenda libre.

– Sete prazas de administrativo, quenda libre.

– Unha praza de arquitecto, quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de clínica do cadro de persoal laboral fixo, quenda libre.

– Cinco prazas de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración