Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44536

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Con base no previsto no punto décimo do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo de 2017 por unha Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 28 de xuño de 2017, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve anunciar:

Primeiro

Que no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.gal, estará dispoñible a convocatoria dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Segundo

Que o prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Que as persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar unha copia compulsada da documentación xustificativa dos requisitos mínimos previstos na base segunda e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo o previsto na base novena. O modelo de solicitude será o que figure publicado no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria www.edu.xunta.gal na epígrafe de colectivo>profesorado>xestión de profesorado.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos