Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2018/034 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Unha vez transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 10 de setembro de 2018

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2018/034.

Interesado: Casimiro Montoya Ventos.

Acto notificado: acordo de inicio.

Expediente: LU-RES 2018/036.

Interesado: José Montoya Bentos.

Acto notificado: acordo de inicio.

Expediente: LU-RES 2018/037.

Interesada: Elena Mónica Matei.

Acto notificado: acordo de inicio.