Intentada a notificación persoal das comunicacións do inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social, ditadas pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúanselles estas notificacións por medio deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas, que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
As persoas interesadas, durante este prazo, poderanse presentar ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, para os efectos de coñeceren integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Lugo, 21 de setembro de 2018
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
Adriana Mite |
X9768105M/02/02/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Lugo |
Alina Liliana Ciulavu |
Y4290419J/23/04/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Guitiriz |
David de la Fuente López |
34272881Y/09/02/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Monforte de Lemos |
David Enrique Gamboa Quispe |
X2934650B/07/02/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Lugo |
Diego Moscoso Vila |
76584202K/06/03/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Monterroso |
Elías Blanco Soilán |
33344456E/23/04/2018/2.1.E |
Resolucióndo procedemento sancionador |
Lugo |
José Luis Montero Estévez |
34624632H//04/05/2018/2.1.E |
Resolución do procedemento sancionador |
Lugo |
Patricia Maseda Míguez |
33553834P/27/03/2018/2.2.A |
Resolución do procedemento sancionador |
Xove |