En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de setembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 86 e 327 do polígono 51, 335 e 641 do polígono 52 e 41, 79 e 561 do polígono 53 do termo municipal de Sarria.
O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de agosto de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 172, do 10 de setembro.
Lugo, 20 de setembro de 2018
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo