Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas LMT, CT, RBT Caresma, no concello de Coirós (expediente IN407A 2015/252-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 24 de setembro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/252-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Caresma.
Concello: Coirós.
|
Predio |
Concello |
Lugar |
Titularidade proposta |
|
2 |
Coirós |
Brañas de Caresma |
Balbina Tizón Pérez |
|
3 |
Coirós |
Brañas de Caresma |
Balbina Tizón Pérez |


