Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44822

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

CORRECIÓN DE ERROS. Orde do 17 de setembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 186, do 28 de setembro de 2018, procede en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no punto «descricións códigos da adscrición ás administracións públicas», na páxina 43876:

Onde di: «AXG: Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia», debe dicir: «A11: Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC. AA.».