Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44816

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para a execución da actuación de construción da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, San Cibrao das Viñas (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na construción da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

60.486,28

8.5.2018

Cuarta addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Vigo e a Sociedade mercantil estatal Augas de las Cuencas de España, S.A., como usuarios da actuación hidráulica de saneamento de Vigo

Modificar o orzamento estimado da actuación, as achegas a realizar por Augas de Galicia e polo Concello de Vigo, a forma de pago de Augas de Galicia e a cláusula relativa á recepción das obras e explotación da infraestrutura e establecer un novo réxime de tarifas a aplicar ata a entrega da infraestrutura

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

10.5.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pantón para a execución da actuación para a captación, depósito e abastecemento á parroquia de Tribás, Pantón (Lugo)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na captación, depósito e abastecemento á parroquia de Tribás, Pantón (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

337.100,00

8.6.2018

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol para a execución de actuación de abastecemento de auga ao núcleo de Prado. Concello de Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

19.6.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rianxo para a execución de actuacións de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na Ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo. Concello de Rianxo (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

19.6.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Frades para a execución de actuación de abastecemento de auga ás parroquias de Moar e Añá, Concello de Frades (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa

de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

20.6.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outeiro de Rei para a execución de actuación de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

27.6.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución de actuacións de saneamento de Celeiro e mellora da EDAR de Viveiro, Concello de Viveiro (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

5.7.2018

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cedeira para a execución da actuación de mellora do saneamento de Cedeira (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento

Rural (Feader), no marco do

Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

11.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Rianxo en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento das obras do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo, Concello de Rianxo (A Coruña) e ampliación da EDAR de Rianxo. Termo municipal de Rianxo (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Rianxo, para determinar as condicións nas que o ente público Portos de Galicia autoriza a execución das obras que se definen no proxecto e anteproxecto que a continuación se detallan, na parte que se desenvolve no dominio público portuario (no Porto de Rianxo) e pon a disposición libres de cargas os terreos que resulten necesarios para a execución das citadas obras na zona do Porto de Rianxo:

– Proxecto do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo (A Coruña), de clave OH.315.1107

– Anteproxecto da ampliación da EDAR de Rianxo. Termo municipal de Rianxo (A Coruña), de clave OH.315.1106

Sen custo económico

11.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª alínea g) do parágrafo segundo do prego de bases á que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis

392.535,78

12.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cambre para o acondicionamento, mantemento e conservación do contorna do río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre

Establecer as condicións da colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre, respecto aos traballos de acondicionamento, mantemento e conservación nas zonas de afección e na contorna do río Mero ao seu paso polo Concello de Cambre

40.000,00

17.7.2018

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (proxecto Ríos)

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2018 no marco dun programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade, que pretende dar resposta a unha problemática de ámbito galego (e tamén global) como é a contaminación e o deterioro dos ecosistemas fluviais (proxecto Ríos)

50.000,00

18.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Dodro para a execución da actuación a modificación do leito dun regato no lugar de Sar, Dodro (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello a actuación a modificación do leito dun regato no lugar de Sar, Dodro (A Coruña)

10.333,19

18.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rairiz de Veiga para a execución das actuacións de renovación da rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia, Rairiz de Veiga (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de renovación da rede de abastecemento e saneamento na Penteira e en Santa Baia, Rairiz de Veiga (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

65.000,00

18.7.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Porto do Son para a execución da actuación de saneamento e depuración en Queiruga, Porto do Son (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución da actuación de saneamento e depuración en Queiruga, Porto do Son (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

2.000.000,00

3.8.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Veiga para a execución da actuación dun depósito de auga potable para o abastecemento do núcleo de Baños, A Veiga (Ourense)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras dun depósito de auga potable para o abastecemento do núcleo de Baños, Concello da Veiga (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

39.589,64

3.8.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a execución da actuación de Saneamento na Malata, Concello de Ferrol (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

29.8.2018