Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta dos tribunais cualificadores das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público dos anos 2010/11, o nomeamento de funcionarios de carreira, pola quenda de mobilidade horizontal, para as seguintes prazas, a favor das persoas que a seguir se relacionan:

– Persoal funcionario:

• Escala Administración especial; subescala servizos especiais; clase policía local; categoría policía local.

– Feijoó Sánchez, J. con DNI **.***.650-Z.

– Pardo Otero, C. con DNI **.***.991-Z.

– Sabucedo Bestilleiro, F. con DNI **.***.191-D.

– Arias Estévez, D. con DNI **.***.931-S.

– Reza Gómez, M. R. con DNI **.***.991-M.

Vigo, 28 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (decretos e acordos da XGL do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Francisco Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado de Xestión Municipal e Persoal