Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de setembro de 2018 pola que se notifica requirimento do 10 de setembro de 2018 de retirada de vehículo con matrícula 4254CCJ abandonado no dominio público portuario do porto do Sada (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Enrique González López, con DNI 32793530S, en tanto propietario do vehículo marca Peugeot, modelo Expert, con matrícula 4254CCJ, o seguinte requirimento, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo denuncia da Garda Civil número 2018-101138-00000056, o vehículo que se identifica se atopa no aparcadoiro do recinto portuario xunto ao porto deportivo con claros signos de abandono.

Considerando o exposto, e unha vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Sada.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, dará ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia