Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2017-89-2, 8563 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Ganadería Rivas Gómez, S.C.

Domicilio social: Toirán, 2, Láncara.

Denominación: modificado do proxecto de execución de LMTA, LMTS, CTA para granxa no lugar de Sebrín, Toirán (O Salvador).

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas:

• LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio anterior (existente) ao CT Sebrín propiedade de Union Fenosa e final no apoio proxectado nº 1, tipo HV-1000/13, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo LA-56.

• LMT aérea a 20 kV con orixe no apoio proxectado nº 1 tipo HV-1000/13 no cal se instala un interruptor telecontrolado e final no apoio proxectado nº 2 tipo HV-1000/13, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 96 metros en condutor tipo LA-56.

• LMT soterrada a 20 kV con orixe no apoio proxectado nº 2 tipo HV-1000/13 e final no CTI proxectado sobre apoio de formigón tipo HV-1000/11, cunha lonxitude de 1.088 metros en condutor tipo RHZ1-95.

• CTI proxectado sobre apoio de formigón tipo HV-1000/11, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo