Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos recursos de alzada contra as bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Tremoedo (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, de conformidade coa normativa sectorial aplicable e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen perxuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

O expediente administrativo estará á súa disposición das dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, avenida de Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra; teléfono 986 80 54 33.

Pontevedra, 26 de setembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R-007

Adrián Baños Abal

Resolución recurso alzada

R-14; R-19

Constantino Torres Lorenzo

Resolución recurso alzada

R-16

Cristina Carballa Pérez

Resolución recurso alzada

R-24

Dorinda Paz Pérez

Resolución recurso alzada

R-27

María del Pilar Rey Fontenla

Resolución recurso alzada

R-27

Rosa Villanueva Santorum

Resolución recurso alzada

R-33

Luisa Chantada Oubiña

Resolución recurso alzada

R-35

María Luisa Feijoo Pérez

Resolución recurso alzada

R-35

Delia Piñeiro Núñez

Resolución recurso alzada

R-35

María Josefa del Rosario Piñeiro Núñez

Resolución recurso alzada

R-40

Pastora Romero Santiso

Resolución recurso alzada

R-44

Dolores Pilar Rosalía Hermida Pereiro

Resolución recurso alzada

R-44

Rosa Portas Oubiña

Resolución recurso alzada

R-52

Agustín Vázquez Rodríguez

Resolución recurso alzada