Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán porque se informe ao público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as que as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de ordenación do territorio rural e urbano e utilización dos solos, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Iniciada a tramitación do anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

– Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: sxurbanismo@xunta.gal.

– Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda