Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior do ámbito de solo urbano non consolidado APR PB4 07 Rego dos Pasos Norte, do Plan xeral de ordenación municipal de Ames.

Mediante Acordo plenario do 26 de xullo de 2018, prestouse aprobación definitiva ao Plan especial de reforma interior do ámbito de solo urbano non consolidado APR PB4 07 Rego dos Pasos Norte, do PXOM de Ames, o que se fai público para os efectos previstos nos artigos 82 a 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do seu regulamento.

Punto quinto. Aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior do ámbito de solo urbano non consolidado APR PB4 07 Regos dos Pasos Norte, do PXOM de Ames.

Rematadas as intervencións o Pleno da Corporación, por unanimidade dos seus membros presentes, adopta os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar dun xeito definitivo o Plan especial de reforma interior (documento refundido para aprobación definitiva) do ámbito de solo urbano non consolidado APR PB4 07 Rego dos Pasos Norte, do PXOM promovido por Construcciones Obras y Viales, S.A., Covsa e redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo, de data xuño de 2018.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva do documento refundido do Plan especial de reforma interior da APR PB4 07 do PXOM no Diario Oficial de Galicia, así como a documentación que conteña a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e promover a inscrición deste do instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Terceiro. Notifíquese aos interesados no procedemento coa expresión do réxime de recursos na vía xudicial que proceda, ao tratarse dunha disposición administrativa de carácter xeral.

Cuarto. Facultar o alcalde para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado.

Contra o presente acordo por aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Ames, 27 de agosto de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde