Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45427

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 1 de outubro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG número 100, do 29 de maio), modificada pola Orde do 2 de xuño de 2017 (DOG número 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 246, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.5. da convocatoria, o quinto exercicio do proceso selectivo consistirá en realizar con aproveitamento un curso para a obtención do certificado de suficiencia de mariñeiro de ponte da mariña mercante, que organizará e impartirá a Consellería do Mar.

O exercicio valorarase coa cualificación de apto ou non apto e terá unha duración de setenta (70) horas.

Segundo. Publicar as cualificacións obtidas polas persoas que realizaron este quinto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal