Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45413

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 183, do 25 de setembro de 2018, cómpre realizar a oportuna rectificación.

Así, na páxina 43329, na táboa incluída no artigo 2. Financiamento:

Na fila correspondente á liña V. Actuacións destinadas á xuventude, na columna relativa ao importe, onde di: «249.828,00», debe dicir: «285.021,00».

Na fila correspondente á liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado, na columna relativa ao importe, onde di: «285.021,00», debe dicir: «249.828,00».