Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018 polo que se inicia o procedemento para o alleamento mediante poxa pública do buque L' etel declarado en situación de abandono.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 8 de outubro de 2018, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de «DOCUMENTOS E AVISOS - ALLEAMENTO DE EMBARCACIÓNS» o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública do buque L'etel.

1. Obxecto da poxa: alleamento do buque L'etel, de bandeira francesa, con matrícula BA-318357, e número IMO 6807412.

A descrición técnica en detalle e a taxación do buque recóllense en informe de valoración que pode ser consultado na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de «DOCUMENTOS E AVISOS - ALLEAMENTO DE EMBARCACIÓNS», ou solicitado no Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica de Portos de Galicia (tfno. 981 54 53 29).

2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída a ofertar á alza para cada unha das poxas previstas é o seguinte:

2.1. Prezo base de licitación da primeira poxa: vinte e dous mil douscentos trinta (22.230) euros.

2.2. Prezo base de licitación da segunda poxa: dezaoito mil oitocentos noventa e cinco (18.895) euros.

2.3. Prezo base de licitación da terceira poxa: quince mil cinco centos sesenta e un (15.561) euros.

3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulte adxudicado o buque na primeira poxa, celebraranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas poxas máis.

4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituír e presentar ante Portos de Galicia unha garantía cun importe equivalente ao 20 por cento do prezo base de licitación previsto para a primeira poxa, constituída exclusivamente baixo calquera das formas admitidas no prego de condicións regulador da poxa.

5. Exposición do buque: o buque obxecto da poxa atópase atracado no peirao T-1 do porto de Ribeira. A inspección e visita do buque axustarase ao disposto no prego de condicións regulador da poxa.

6. Prazo de presentación de proposicións: ata as 14.00 horas do día 12 de novembro de 2018.

7. Lugar de presentación de proposicións: a documentación será presentada no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, por algún dos medios indicados no prego de condicións regulador da poxa. A forma de presentar as proposicións e o seu contido será o indicado no prego de condicións regulador da poxa.

8. Acto público de apertura de proposicións económicas: ás 10.00 horas do día 26 de novembro de 2018 na Sala de Xuntas dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta exclusiva do adxudicatario.

10. Documentación: o prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse tanto no Departamento de Secretaría Xeral e Asesoría Xurídica de Portos de Galicia (tfno. 981 54 53 29) como na páxina web www.portosdegalicia.gal, epígrafe de «DOCUMENTOS E AVISOS - ALLEAMENTO DE EMBARCACIÓNS».

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia