Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo no Servizo de Xustiza, sito na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, 36201 Vigo.

Vigo, 18 de setembro de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

DNI

Corpo

Mª Carmen Fernández Mayo

***7503

Auxilio xudicial

Rocío Iglesias García

***5170

Auxilio xudicial

Piedad Sánchez Melgar

***5854

Auxilio xudicial

Mariano Rafael Ruiz Dalmas

***6861

Tramitación procesual e administrativa