Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45548

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de outubro de 2018 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

Unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre mediante a Orde do 4 de xullo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 134, do 13 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta vicepresidencia e consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a selección de 38 prazas de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, subgrupo C1 dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Luis Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaría:

– Sonia Rama Martínez, inspectora da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Jose Manuel Duarte Solla, inspector do corpo da policía local do Concello de Pontevedra.

– Eugenia Pérez Heres, oficial do corpo da policía local do Concello de Ferrol.

– Diana Parente Pampín, oficial do corpo da policía local do Concello de Santiago de Compostela.

• Tribunal Suplente:

Presidencia:

– José Antonio Fernández López, subdirector xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección xeral de Emerxencias e Interior.

Secretaría:

– Mónica María Castro Pérez, xefa do servizo de formación en Seguridade Pública da Academia Galega de Seguridade Pública.

Vogais:

– Ramón Quiroga Limia, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

– Juan Puente Rapela, oficial do corpo da policía local do Concello da Coruña.

– Begoña del Río Martínez, policía do corpo da policía local do Concello de Santiago de Compostela.