Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-25/2018-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de setembro de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-25/2018-V.

Interesado: Edgar José Fulgencio García.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.

Acto adoptado pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-18/2018-V.

Interesado: Juan Manuel Estévez Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.

Acto adoptado pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-19/2018-V.

Interesado: Rubén Tejero Castro.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.

Acto adoptado pola xefa territorial.