Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2016/2411-1, no concello de Teo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada cambio de sección túnel Vilar de Francos-Ponte Espiño, no concello de Teo (expediente IN407A 2016/2411-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/2411-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección túnel Vilar de Francos-Ponte Espiño.

Concello: Teo.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

2

María Gloria Blanco Sánchez

30.10.2018

11.00

3

María Teresa Cardoso Balado

30.10.2018

11.00

4

Herdeiros de José Castro García

30.10.2018

11.00

5

María Luisa Parajó Buján

30.10.2018

11.30

6

María Luisa Parajó Buján

30.10.2018

11.30

7

Manuel Vázquez Patrón

30.10.2018

11.00

8

Herdeiros de María Carmen Villar López

30.10.2018

11.30

9

Manuel Castro Vázquez

30.10.2018

11.30