Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 586/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 586/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Torrado Pombo contra a empresa Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A. e coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de setembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 586/2016 en que son parte, dun lado como demandante José Luis Torrado Pombo, con DNI 76328032W, asistido polo letrado Agustín Añón Fraga, e como demandado Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A., que non compareceu malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante José Luis Torrado Pombo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.091,93 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro por demora correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xuntificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario de Arquitectura, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza