Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas, anualidade 2018.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 18 de setembro de 2018, acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo, anualidade 2018, con cargo ás aplicacións orzamentarias 334.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.

Abegondo, 18 de setembro de 2018

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde