Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018071TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 19 de xuño de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018071TA-OU incoado a Ramiro Carlos Vieira Moreira Monteiro, con carta nacional de identidade 10266582 e enderezo na rúa Marco Canaveçes, s/n, 4625 Porto (Portugal).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Ramiro Carlos Vieira Moreira Monteiro, con carta nacional de identidade 10266582, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 21 de setembro de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2018071TA-OU.

Interesado: Ramiro Carlos Vieira Moreira Monteiro.

Carta nacional de identidade: 10266582.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Marco Canaveçes, s/n, 4625 Porto (Portugal).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.r) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).