Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45709

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 10 de outubro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal dos puntos de atención continuada do Servizo Galego de Saúde os días 16, 19, 21, 23, 26, 28 e 30 de outubro, e 2, 4, 6, 9 e 11 de novembro.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.

O desempeño público da prestación de asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente con relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, SATSE, CSIF, O’MEGA e CESM convocaron unha folga que afectará o persoal estatutario das categorías de médico/a de familia e de enfermeiro/a que presta os seus servizos nos denominados puntos de atención continuada (PAC) do Servizo Galego de Saúde. A folga convocada desenvolverase desde as 15.00 horas dos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro e 2, 6 e 9 de novembro, rematando ás 8.00 horas do día seguinte; e desde as 8.00 horas dos días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro, rematando ás 8.00 horas do día seguinte. Os devanditos dispositivos teñen normativamente encomendada a asistencia sanitaria urxente á cidadanía no ámbito da atención primaria en Galicia, polo que a determinación dos servizos esenciais contidos nesta orde realízase atendendo a esta singular circunstancia.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria da folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen na presente orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

De acordo co anterior, deben fixarse os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente aos usuarios/as, que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde.

Con esa finalidade, para a determinación dos servizos mínimos establécese como criterio reitor a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Artigo 2

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios de cada centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos necesarios para garantir a totalidade da actividade urxente previsible nos días da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola dirección da correspondente institución e notificada aos profesionais afectados.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, así mesmo, nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

22

18

Persoal de enfermaría

-

19

17

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

30

29

18

Persoal de enfermaría

27

21

17

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

12

11

Persoal de enfermaría

-

12

9

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

13

13

11

Persoal de enfermaría

13

13

10

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

23*

24*

Persoal de enfermaría

-

20*

21*

*Xornada de venres. Martes: médico/a de familia: 22 (T), 22 (N); enfermeiro/a: 19 (T), 20 (N)

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

32

32

23

Persoal de enfermaría

30

29

20

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

29

26*

Persoal de enfermaría

-

29

26*

*Xornada de venres. Martes: médico/a de familia: 25, enfermeiro/a: 25

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

31

32

26

Persoal de enfermaría

31

32

26

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

25

24

Persoal de enfermaría

-

18

18

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

25

25

24

Persoal de enfermaría

18

18

18

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

14

12

Persoal de enfermaría

-

11

11

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

17

17

12

Persoal de enfermaría

16

13

11

– Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo:

Días laborables

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

-

21*

20*

Persoal de enfermaría

-

17

18

* Xornada de venres. Martes: tarde: 19, noite: 19.

Domingos

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia

24

24

20

Persoal de enfermaría

24

21

18