Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45727

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 3 de outubro de 2018, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda mediante as ordes do 5 e 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro, e núm. 49, do 9 de marzo) para cualificar o proceso selectivo, que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Con data do 28 de xullo de 2018 realizouse o segundo exercicio deste proceso selectivo. Á vista das reclamacións presentadas ás preguntas, e de conformidade coa base II.1.2.7 da convocatoria, anúlase a pregunta número 27 do cuestionario, que pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 31.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 23 de xullo de 2018, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, fixándose en 30 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións correspondentes, sendo necesario obter en cada un dos dous supostos prácticos un mínimo de 12 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, no lugar de realización do exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de diez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal