Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta do 13 de setembro de 2018 polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Carracedo, nos concellos da Pastoriza e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/126-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta do 13 de setembro de 2018 polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Carracedo, nos concellos da Pastoriza e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/126-EOL).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2018
polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia
sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Carracedo, nos concellos da Pastoriza e Mondoñedo (Lugo), promovido
pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/126-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación do parque eólico Carracedo, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Carracedo (en diante, o parque eólico) cunha potencia de 9 MW e promovido por Norvento, S.L. (en diante, a promotora).

Segundo. O 22.1.2011, Norvento, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico. Posteriormente, o 27.6.2011, a promotora solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico.

Terceiro. O 23.4.2012 e o 3.7.2012 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (en diante, a xefatura territorial) emitiu informes sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico. No primeiro dos informes inclúese unha solicitude de concesión de explotación e no segundo infórmase de que non existe ningún dereito mineiro afectado, posto que a dita solicitude foi cancelada.

Cuarto. O 8.4.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 8 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 176, do 15 de setembro de 2015).

Quinto. O 28.9.2015, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe previsto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Sexto. O 18.1.2016, o Servizo de Montes de Lugo emitiu o informe previsto no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Sétimo. O 17.3.2016 o Consello da Xunta acordou autorizar as instalacións, aprobar o proxecto de execución e declarar a utilidade pública, en concreto, do parque eólico. O dito acordo fíxose público por Resolución do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 76, do 19 de abril de 2018).

Oitavo. O 24.11.2017, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, a promotora solicitou a tramitación do expediente de acordo co procedemento establecido pola dita lei.

Noveno. O 19.12.2017 a promotora presentou unha modificación do proxecto do parque eólico solicitando o seu recoñecemento como non substancial.

Décimo. O 21.12.2017 o Consello da Xunta declarou de interese especial o parque eólico referido, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

Décimo primeiro. O 17.4.2018 a promotora solicitou a modificación da utilidade pública do parque eólico, de acordo coas modificacións recollidas no antecedente de feito noveno, achegando a correspondente relación de bens e dereitos afectados.

Décimo segundo. Mediante oficios do 9.5.2018, e de acordo co disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas efectuou o trámite de audiencia á Comunidade de Montes Veciñais de Carracedo e Rioseco e ao Concello da Pastoriza.

Décimo terceiro. Mediante escritos do 14.5.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados. En relación con estas notificacións no se presentaron alegacións.

Décimo cuarto. O 1.6.2018 a Xefatura Territorial informou de que a modificación solicitada para o parque eólico non se ve afectada por ningún dereito mineiro, ratificando os informes do 23.4.2012 e do 3.7.2012.

Décimo quinto. O 28.6.2018 a promotora achegou a documentación acreditativa do acceso e punto de conexión á rede de transporte ou distribución para a potencia adicional derivada da modificación do parque eólico, de acordo co establecido no artigo 38.3.a) da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo sexto. Por Resolución do 4 de xullo de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas recoñeceu como non substancial a modificación do parque eólico.

Décimo sétimo. O 4.9.2018 a Dirección Xeral de Ordenación Forestal, en cumprimento do previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o informe favorable do Servizo de Montes de Lugo do 29.8.2018.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 45.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Tal e como se recolle nos antecedentes de feito terceiro e décimo cuarto, o Servizo de Enerxía e Minas de Lugo informou de que as modificacións solicitadas non afectan ningún dereito mineiro vixente.

Cuarto. Como se indicou no antecedente de feito décimo terceiro, non se recibiron alegacións sobre a modificación do parque eólico.

De acordo con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, as instalacións da modificación do parque eólico Carracedo, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a prevalencia da utilidade pública do parque eólico Carracedo sobre o interese xeral dos aproveitamentos forestais afectados, de conformidade co informe do Servizo de Montes de Lugo do 29.8.2018 e remitido pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal o 4.9.2018, a que fai referencia o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.