De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 2 de outubro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI IN 2016/98.
Interesada: Cincocontracinco, S.L.
NIF: B70373766.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: A Coruña.