Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de aviso de xestión de biomasa.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas seguintes parcelas:

– 5622955NG1652S0001AS e 5622912NG1652S0001IS, cuxos propietarios son descoñecidos.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa nas citadas parcelas.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Gondomar, 21 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.1.2017; BOP núm. 24, do 3 de marzo)
Xosé Antonio Araújo Quintas
Concelleiro delegado de Urbanismo e Medio Ambiente