Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de control de asistencia biométrico con pegada dixital aos cursos de formación para o emprego (expediente AMT-2018-0037).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de control de asistencia biométrico con pegada dixital aos cursos de formación para o emprego.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13 de marzo de 2018.

DOUE: 10 de marzo de 2018.

BOE: 15 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 295.041,33 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 119.000,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.8.2018.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2018.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 114.127,20 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia