Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 27 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D, competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido practicar por causas non imputables á Administración.

Así mesmo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avda. Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses desde o día seguinte á notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de setembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución/Data

Luciene Dias Souto

*****148S

15017000218

Desestimación/18.7.2018

Mª Rosa Bermúdez Santamaría

*****742J

15030105013

Desestimación/15.5.2018

Almudena Jiménez Escudero

*****544A

15030003717

Desestimación/18.7.2018

Manuel Rosendo Paredes Villar

*****733B

15036024116

Desestimación/14.5.2018

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución/Data

Mohamed Benkaddour Benkaddour

*****188B

15005005117

Desestimación/28.5.2018