Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 944/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fernando Chans Cao contra Construcciones Chans Veira, S.L., Jesús Chans Cao, Trabajos Verticales 2016, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:
«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Fernando Chans Cao, contra as entidades Construcciones Chans Viera, S.L., Trabajos Verticales 2016 e o empresario individual Jesús Chans Cao e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Construcciones Chans Viera, S.L., Trabajos Verticales 2016 e o empresario individual Jesús Chans Cao, a que aboen ao demandante a cantidade de 5.663,77 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre xuño e agosto de 2017, ambos os dous incluídos, paga extra, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.
Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
E para que sirva de notificación en legal forma a Trabajos Verticales 2016, S.L., Construcciones Chans Veira, S.L. e a Jesús Chans Cao, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 11 de setembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza


