Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46293

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 3 de outubro de 2018 pola que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de remuda).

Advertido erro na Resolución do 3 de outubro de 2018 pola que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de remuda), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 193, do 9 de outubro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 45251, parágrafo 5:

Onde di: «Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-en-materia-de-persoal/procesos-de-provision-transitoria».

Debe dicir: «Lugar onde se poden obter as bases completas do procedemento: as bases poderanse obter na oficina dos servizos centrais da entidade pública Portos de Galicia, sita no edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e poderanse descargar no seguinte enderezo electrónico: http://www.portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/rrhh».

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes polos aspirantes de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia