Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46216

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febrero de 2018).

En cumprimento do disposto no artigo 9.1 da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro de 2018), resolvo que se publiquen as subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 290.000,00 euros, con cargo á aplicación 09.40.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2018.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 09.40.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía (€)

Ucogatra U. de Coop.

16.086,96

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Aesgal

19.130,43

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

94.782,61

Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Aplicación: 09.40.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía (€)

Cegasal-Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro

35.000,00

Aeiga-Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

25.000,00