Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-81-2018.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Expediente: 15R001-81-2018.

Interesado: Eduardo Luis Arthaud Barberá.

CIF/NIF: 32413219D.

Acto notificado: resolución de expediente.