Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46628

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 25 de setembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 29 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Terceiro. Elevar esta relación para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo ao disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal

ANEXO

Acceso libre.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

34955830Q

Vázquez Hernández, Manuel

14,16

15,23

16,44

Exento

45,83

2

33312213W

Onega Folgueira, Marina

13,00

16,65

12,48

Exenta

42,13