Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46635

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se modifica o Anuncio do 20 de setembro de 2018, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.

Advertidos erros no anexo I «Plan de obxectivos» das bases da convocatoria que figura na Resolución do 20 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Cirurxía Cardiovascular, procédese á oportuna corrección, substituíndo o anexo I, que se anula, polo novo anexo que se publicará nos lugares establecidos na base décimo segunda da convocatoria: nos taboleiros de anuncios dos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Como consecuencia do anterior, establécese en 20 días naturais o prazo de presentación de solicitudes, contado a partir do seguinte ao da publicación da rectificación de erros no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela