Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a denegación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2018/00031 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Pontevedra, 27 de setembro de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2018/00031

76360752Q

PO-2018/00031

116892732

PO-2018/00341

Y04016030Z

PO-2018/00341

Y04347104A