Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente RIG 15005314.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa efectividade queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a interesada que se sinala no anexo, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Asemade, infórmase a interesada de que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 9 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RIG 15005314.

Interesada: Gas Bergantiños, S.L.

CIF: B15524218.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Carballo.