Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46741

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración da fachada sur e oriental do claustro e do esconce, da torre do tesouro e das cubertas da á oriental do claustro.

Orzamento de contrata: 1.259.966,95 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago de Compostela.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratacion ou ben, contactando coa Fundación Catedral de Santiago de Compostela (teléfono: 981 56 93 27) logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de 26 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela