Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 96/2018, do 7 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data 7 de marzo de 2018, pronunciou a sentenza número 96/2018, ditada no procedemento ordinario nº 4197/2016, interposto pola procuradora Carmen Martínez Uzal, en nome e representación de Jesús Pombo Osinde, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Carmen Martínez Uzal, en nome e representación de Jesús Pombo Osinde contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio do 4 de febreiro de 2016, pola que se aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (DOG do 26 de febreiro) anulándoa no sentido de que o predio do recorrente, Pedra de Sal 69, con referencia catastral 7945905NH2974N0000SK, debe ser incluído na delimitación do núcleo rural da Pedra do Sal, pero tan só na parte en que resulte afectada pola liña de protección da servidume do dominio público marítimo terrestre, sen facer imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo